Correo electrónico de atención a familias e alumnos
Poñemos a disposición das familias un correo electrónico para axudar a resolver dúbidas.
Como asociación de nais e pais de alumnos do IES Rosais 2 somos unha parte moi importante da comunidade educativa.
O noso Centro é grande e plural, podemos e debemos aproveitar o papel do ANPA para facelo aínda mellor.
Queremos axudar a construír unha comunidade educativa mellor para os nosos/as fillas/os, creando o clima de cooperación necesario para poder integrar os proxectos das familias, fomentando a súa participación e autonomía.
Buscamos a maneira de establecer un sistema de participación, organización e comunicación que permita a calquera familia colaborar.
Informar a todas as familias os feitos da vida escolar
Construír un mecanismo eficaz de comunicación interna (familia, Comisións, Xunta, asemblea e viceversa) e estrea, cos diferentes axentes de comunicación escolar (Dirección, Claustro, Orientación, etc.) e institucións (FOANPAS, Conselleria de Educación, concello,…)
Secretaria
Tesoureira
Vogais
No ANPA realizamos moitas e moi diversas tarefas para axudar e colaborar tanto cos alumnos, como coas familias e o IES Rosais 2. Aquí detallámosche moitas delas.