ANPA Agarimo

Nosa ANPA

Como asociación de nais e pais de alumnos do IES Rosais 2 somos unha parte moi importante da comunidade educativa.
O noso Centro é grande e plural, podemos e debemos aproveitar o papel do ANPA para facelo aínda mellor.

O noso obxectivo

Queremos axudar a construír unha comunidade educativa mellor para os nosos/as fillas/os, creando o clima de cooperación necesario para poder integrar os proxectos das familias, fomentando a súa participación e autonomía.
Buscamos a maneira de establecer un sistema de participación, organización e comunicación que permita a calquera familia colaborar.

Información

Informar a todas as familias os feitos da vida escolar

Comunicación

Construír un mecanismo eficaz de comunicación interna (familia, Comisións, Xunta, asemblea e viceversa) e estrea, cos diferentes axentes de comunicación escolar (Dirección, Claustro, Orientación, etc.) e institucións (FOANPAS, Conselleria de Educación, concello,…)

Composición da Xunta Directiva do ANPA

Presidenta
Secretaria
Tesoureira
Vogais

Apúntaste ti tamén?

Queremos convidar a todas aquelas familias que queiran colaborar no desenvolvemento destes proxectos para facelo de maneira continua, intermitente ou puntual segundo as súas posibilidades.
Tamén vos animamos a presentar ideas, suxerencias ou inicitaivas que consideredes enriquecedoras para esta comunidade.
Contáctar para calquera consulta ou suxerencia.
Unídevos!

Contamos contigo para apoiar a ANPA

Sigue o seguinte link para facerte socio/a da nos ANPA e coñecer de primeira man os procesos educativos.

Que queremos facer nesta nova etapa?

No ANPA realizamos moitas e moi diversas tarefas para axudar e colaborar tanto cos alumnos, como coas familias e o IES Rosais 2. Aquí detallámosche moitas delas.

  • Correo electrónico de atención a familias e alumnos

    Poñemos a disposición das familias un correo electrónico para axudar a resolver dúbidas.

  • Financiamos as orlas e obsequios

    Para os alumnos de 2º de Bacharelato, e que se entregan na cerimonia de Gradación.

  • Colaboramos cos talleres e actividades do Centro

    Financiando en moitas delas os premios entregados.

  • Concursos, exposicións, talleres..

    Concursos de Tarxetas Do Nadal Organizamos o concurso e exposición de Tarxetas Do Nadal, etc.

  • Organizamos talleres e conferencias.

    Que consideramos de interese para a formación integral dos nosos fillos, coordinándonos co Departamento de Orientación do Instituto, tras valoralos en Xunta Directiva. Trabállanse temas como técnicas de estudo e aprendizaxe, control de estrés e ansiedade, presentar en público, prevención de violencia de xénero, educación emocional, etc.

  • Charlas-coloquio

    Organízanse charlas-coloquio para nais e pais sobre temas de interese para a educación e formación de adolescentes, por exemplo: “Prevención de conflitos na adolescencia”, “Os perigos da internet”, “Educación emocional”, etc

  • Organización de actividades extraescolares

    A prezo de custo para as familias asociadas. Unha das ideas aportadas polas familias e o alumnado é a Fotografía dixital.

  • Descontos

    Os socios/as teñen ofertas. Consulte as ofertas para saber máis.

  • Carencias docentes

    Levamos a cabo acciones e iniciativas en relación coas carencias docentes que existen na actualidade no Centro, exercendo o noso dereito para esixir unha formación de calidade para os nosos fillos.

  • Recollemos os problemas

    Que nos fan chegar as familias e valorámolos en Xunta Directiva. Actuamos en dúas frontes en paralelo: orientando aos pais nos procedementos máis adecuados en cada caso e representado a súa voz no Consello escolar cando sexa necesario.