ATENCION. NOVEDADES SOBRE O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR DOS LUNS

Para simplificar a xestión e evitar incidencias (esquecementos, pagos pendentes, etc.), a partir de agora a comida dos luns pasa a tratarse como unha actividade mensual, igual ca o resto de actividades do centro.

👉 Pagamento mensual por adiantado: A comezos de cada mes realizarase un único pagamento polos luns lectivos do mes (4 ou 5, segundo corresponda).
• Comida: 6 € por luns
• Coidador/a durante o comedor: 5 € ao mes
• Total mensual: 29 € (para meses de 4 luns)

👉 O formulario semanal segue activo: Cada semana seguirase abrindo o formulario para escoller o menú do luns seguinte, pero xa non haberá que pagar cada semana, xa que o pagamento faise de forma mensual.

👉 Menú fixo: A partir de agora haberá un menú fixo con 4 pratos para elixir, que estará dispoñible todos os luns do mes. Xa non se cambiarán os pratos cada semana.

Este cambio permítenos organizar mellor a actividade e garantir un funcionamento máis cómodo para todas as familias. Grazas pola vosa colaboración 💚

Cómo funciona a elección do menú?

  • Cubre o nome do alumno/a

    Si tes máis dun fillo/a envía separadamente cada un deles.

  • Envia o teléfono de contacto do/a responsable

    Podería ser necesario por parte da cuidadora ou do persoal da cafetería.

  • Selecciona as túas preferencias

    Elixe un dos platos que se ofrecen para este luns.

  • Acepta a Política de Privacidade e pulsa "enviar elección"

    O persoal da ANPA recibirá a vosa eleción e faralla chegar ao comedor.

A reserva de menú semanal está pechada. Lembra reservar desde o lúns á noite ata os venres ás 17h. Despois desa hora do venres non se reciben máis reservas.


De forma excepcional e si esqueciches reservar por algún motivo alleo á túa vontade, podes escribir un Whatsapp directamente a Nuria, a responsable da cociña do instituto. O seu teléfono é 602 71 91 89 e podes premer aquí para abrir o teu Whatsapp con Nuria.

Lembra que é necesario que estés inscrito/a no servizo da cafetería e ter pagado o mes ou comedor esporádico, si non o fixeches todavía podes acceder ao formulario de inscrición premendo neste link.