FUNCIONAMENTO DO COMEDOR DOS LUNS

Para simplificar a xestión e evitar incidencias (esquecementos, pagos pendentes, etc.), a comida dos luns trátase  como unha actividade mensual, igual co resto de actividades do centro.

👉 Pagamento mensual por adiantado: O pago farase por mes completo, calculándose do seguinte xeito: (Nº de luns lectivos do mes × €/menú) + Fixo de monitor/a). O prezo mantense durante o mes de setembro, pero haberá un axuste posteriormente segundo o custo do menú e o incremento por monitor/a (informarse despois da reuniòn de outubro).
• Comida: 6 € por luns / Coidador/a durante o comedor: 5 € ao mes / Total mensual: 29 € (para meses de 4 luns)

👉 O formulario semanal: Cada semana seguirase abrindo o formulario para escoller o menú do luns seguinte. É necesario facer esta reserva do menú para garantir que o alumno/a terá o servizo o luns.

AVISOS E DEVOLUCIÓNS: Ao facer o pago mensual, só se descontará o importe duns menús pagados se se avisa a ausencia antes do venres anterior. Dito importe descontarase na seguinte mensualidade. 💚

Cómo funciona a elección do menú?

  • Cubre o nome do alumno/a

    Si tes máis dun fillo/a envía separadamente cada un deles.

  • Envia o teléfono de contacto do/a responsable

    Podería ser necesario por parte da cuidadora ou do persoal da cafetería.

  • Selecciona as túas preferencias

    Elixe un dos platos que se ofrecen para este luns.

  • Acepta a Política de Privacidade e pulsa "enviar elección"

    O persoal da ANPA recibirá a vosa eleción e faralla chegar ao comedor.

Lembra que é necesario que estés inscrito/a no servizo da cafetería e ter pagado o mes ou comedor esporádico, si non o fixeches todavía podes acceder ao formulario de inscrición premendo neste link.