Estimadas familias
Esta asociación nace o 13 de marzo de 1989, motivada pola preocupación sentida por un grupo de familias, co único obxectivo de contribuír á mellor formación dos nosos fillos e as nosas fillas.
COA vosa INSCRICIÓN E COLABORACIÓN PODEMOS CONSEGUIR entre outros:
Achegas de material aos diferentes departamentos.
Subvencións para os diplomas de Bacharelato.
Actividades extraescolares.
Retomar charlas ás familias e ao alumnado.
Concurso de disfrace e tarxetas do Nadal.
Loxicamente o bo funcionamento de calquera asociación depende tanto do traballo que realice a súa Xunta Directiva como o apoio que presten os seus asociados. Para iso achegamos este formulario de inscrición voluntaria de socio/a e o número de conta en que ingresar a cota.
CUOTA ANUAL 18€ POR FAMILIA
Abonar en ABANCA:
ES72 2080 5461 9230 4011 8608
De conformidade co disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos, informámoslle que os datos proporcionados ao longo da prestación do servizo incorporaranse á actividade de tratamento de ANPA “AGARIMO” I.E.S Rosais 2 con CIF número G15.88.41.82 y domicilio social en Rua Coutadas, nº 56, 36207, Vigo, provincia de Pontevedra. A finalidade de dito tratamiento é prestarlle un óptimo servicio como cliente e o mantemento da relación comercial no seu caso establecida. De igual xeito, autorizan á publicación dos listados do alumnado admitido nas actividades, así como o envío de actualizacións dos servizos, polos medios tradicionais e vía electrónica, aos efectos da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, de información comercial acerca dos productos e servicios ofrecidos pola organización. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade en calquera momento, por escrito, acompañado dunha copia dun documento oficial que o identifique dirixido ao enderezo anterior.