ATENCION. NOVEDADES SOBRE O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR DOS LUNS

Para simplificar a xestión e evitar incidencias (esquecementos, pagos pendentes, etc.), a partir de agora a comida dos luns pasa a tratarse como unha actividade mensual, igual ca o resto de actividades do centro.

👉 Pagamento mensual por adiantado: A comezos de cada mes realizarase un único pagamento polos luns lectivos do mes (4 ou 5, segundo corresponda).
• Comida: 6 € por luns
• Coidador/a durante o comedor: 5 € ao mes
• Total mensual: 29 € (para meses de 4 luns)

👉 O formulario semanal segue activo: Cada semana seguirase abrindo o formulario para escoller o menú do luns seguinte, pero xa non haberá que pagar cada semana, xa que o pagamento faise de forma mensual.

👉 Menú fixo: A partir de agora haberá un menú fixo con 4 pratos para elixir, que estará dispoñible todos os luns do mes. Xa non se cambiarán os pratos cada semana.

Este cambio permítenos organizar mellor a actividade e garantir un funcionamento máis cómodo para todas as familias. Grazas pola vosa colaboración 💚