Come na Cafetería do IES os luns curso 2023-2024

Informamos que estamos a tentar que o alumnado que o desexe poida quedar a comer os luns na cafetería do instituto. Para iso, é necesario enviar o formulario de inscrición que achegamos.

Isto supón a contratación dun monitor/a vixiante cuxo custo repartirase entre @s alumnos/as usuarios/as.
Pagarase mensualmente por anticipado. Non vai incluída a comida.
Poderase facer uso do servizo esporadicamente, para ou que, hai que avisar con antelación de 24 horas.
Pódese avisar por whatsapp ao teléfono do ANPA.
Se tes algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria podes solicitar un menú especial xa que na cafetería tamén teñen pratos para diferentes alerxias e intolerancias.
Achegamos o menú ofrecido pola cafetería con prezos orientadores.

O servizo de monitor/a vixiante se levará a cabo sempre que se chegue ao mínimo de inscricións.
As prazas daranse por rigorosa orde de entrada.

Pulsa no seguinte botón para acceder ao formulario de inscrición