Pola presente, convócase a todos os membros da ANPA AGARIMO á Asamblea Xeral ordinaria de fin de curso que terá lugar o mércores, 10 de xuño de 2026, no salón de actos do instituto Rosais II na rúa Coutadas s/n, Vigo, conforme ao seguinte horario: Primeira convocatoria: 18:30 horas. Segunda convocatoria: 19:00 horas. A xuntanza discorrerá baixo a seguinte: ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 2. Memoria de actividades do curso [ano académico 25/26]. 3. Estado de contas e balance económico do curso. 4. Proxectos e propostas para o vindeiro curso escolar [ano académico 26/27]. 5. Fixación de cuota de socio/a para o vindeiro curso. 6. Renovación ou elección de ca
Estimadas familias:
Trasladamos a todos os socios e socias a notificación recibida por parte da Dirección do IES Rosais 2, na que se nos require o cumprimento estrito da normativa sobre dispositivos electrónicos:
1. Normativa do Centro e Lexislación Vixente
A Dirección lembra que o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos persoais está prohibido en todo o centro educativo durante a xornada escolar (segundo a Lei 4/2011, o Decreto 8/2015 e a Orde do 4 de xaneiro de 2024 da Xunta de Galicia).
2. Aplicación no Servizo de Comedor
Esta prohibición é extensible ao tempo de uso do comedor, independentemente de que a xestión sexa responsabilidade da ANPA. O comedor desenvólvese dentro do centro educativo e debe respectar as mesmas normas de convivencia.
3. Medidas e advertencia da ANPA
Como xestores do servizo, e ante o aviso do centro de “reconsiderar a continuidade do servizo de comedor nas condicións actuais” en caso de incumprimento, esta ANPA comunica o seguinte:
- Responsabilidade da ANPA: Temos o deber de facer cumprir as normas para protexer o beneficio de todos os usuarios.
- Garantía de continuidade: Para evitar que o centro suspenda o comedor, a ANPA verase na obriga de apartar do servizo a aquel alumnado que incumpra esta norma, garantindo así que o resto de socios poidan seguir desfrutando do mesmo sen interrupcións.
Solicitamos a vosa colaboración e que faledes cos voso fillos e fillas sobre a importancia de respectar esta norma. A continuidade do comedor depende da responsabilidade individual de cada usuario.
Atentamente,
A Directiva da ANPA
O vindeiro mércores 25 de febreiro, ás 19:30 horas, a comunidade educativa volve saír á rúa. As Asembleas Abertas do Ensino Público, federacións de ANPAS e colectivos como ADICOPUVI, en Vigo, convocan mobilizacións simultáneas en seis puntos do sur da provincia de Pontevedra para defender un ensino público digno, inclusivo e de calidade.
Esta convocatoria é unha mostra clara da unidade construída ao longo deste curso entre familias, profesorado e outros sectores implicados na educación, que xorde da preocupación compartida pola situación que viven os centros educativos galegos. As reivindicacións son claras e responden á realidade diaria das aulas, como deficiencias graves nas instalacións de moitos centros, falta de persoal e recursos, recortes que afectan directamente á atención á diversidade e á inclusión real do alumnado, ou unha sobrecarga crecente que recae tanto no profesorado como nas familias. Afirman que o actual curso está sendo especialmente duro. A acumulación de problemas estruturais, xunto coa falta de respostas eficaces por parte da Administración, está a xerar unha situación insostible nos centros. Non se trata de demandas puntuais nin illadas: estamos ante unha problemática de fondo que require compromiso político e medidas concretas e inmediatas por parte da Consellería.
A situación é insostible para a comunidade educativa. “É necesario traballar da man e xuntas cara accións unitarias e masivas”, afirman. “Non aceptamos que se normalicen as carencias nin que se invisibilicen as dificultades que afectan ao día a día do ensino público. A educación é un dereito fundamental e un piar básico da nosa sociedade.”
Por iso, fan un chamamento á participación activa de toda a sociedade civil. “Non está en xogo a situación dun centro concreto, senón o modelo educativo que queremos para Galicia. O 25 de febreiro, ás 19:30, saímos á rúa por un ensino público forte, inclusivo e con recursos suficientes. Toda a comunidade educativa unida nun obxectivo común, participando man a man, porque só coa mobilización colectiva lograremos os cambios que o noso alumnado merece.”
Puntos de saída das mobilizacións:
- Mos: saída de Sanguiñeda (diante da discoteca Queen).
- O Condado: saída do aparcadoiro dos IES Pedra da Auga e Val do Tea.
- O Morrazo: saída do Concello de Cangas.
- O Porriño: saída da Praza do Concello.
- Redondela: concentración na Praza Concello de Redondela (conxunta con Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilaboa).
- Vigo: saída do Cruce de Vía Norte con Urzáiz.
Fonde da noticia: https://asembleasensino.gal/mobilizacions/
Outros links de interese:
Profesorado e Anpas únense nunha mobilización en defensa do ensino o vindeiro 25 de febreiro (Nòs Diario)
Explicación das reinvidicacións (en PDF)
¡5€ de dto. socios ampa Rosais 2!! TELÉFONO: 638 724 917
Obradoiro de teatro dirixido a rapaces e rapazas da ESO. A idea principal do obradoiro é que entre todos sexan capaces de crear unha peza teatral. Ver más detalles accedendo á actividade.
Descontos para os socios do ANPA
*Copyvan Rúa Oporto, 15% de desconto no material da volta ao cole.
*Librería A Guia 10% material 10% en libros de texto.
Actividades 25/26
*Servizo de comida na cafetería os Luns 6 € por luns de 14:40 a 16:40 monitor 5 € ao mes
*Teatro no centro todos os luns de 15:15 a 16:40 23 € (mínimo 10 alumnos)
*Surf en Patos surf 5 € de desconto sobre a tarifa mensual 70 € con transporte desde o García barbón.
*Pádel no Mercantil 7% sobre a tarifa para escoller.
*Baile Passos Galicia (praza Elíptica) 25% de desconto o primeiro mes. Clase de proba grazas.
Pendente de confirmar
*Natación.
*Baloncesto.
*Inglés
Informarase nesta web e na sección de actividades os convenios que se vaian pechando.

Clase de prueba gratis. 25% de descuento el primer mes. Dirección plaza Elíptica planta 1
A Agrupacón de Deporte Escolar Xóvenes Atletas organiza o I CROSS ESCOLAR “VIGO CORRE”, en colaboración co Concello de Vigo e as Anpas organizadoras dos Croses Escolares de Vigo, o día 1 de xuño de 2025 as 10:15 da mañá no Parque de Castrelos de Vigo.
El Club Náutico de Vigo nos ofrece unos campamentos muy interesantes para que los niños disfruten del verano

