Campaña “Faite Socia/o”
ANPA AGARIMO. I.E.S Rosais 2 DE VIGO
A nosa ANPA
As Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) son entidades sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é velar por unha educación de calidade nos centros educativos dos seus fill@s e representar os intereses dos pais, nais ou titores legais en relación ao centro.
Por qué asociarse?
Ser soci@ do ANPA significa implicación na educación dos teus fill@s, pertencendo a un grupo no que podes apoiarte para todo o que teña que ver con ela, participar activamente nas asembleas, dereito ao voto, dispoñer de información de primeira man do funcionamento do Insituto, descontos nas actividades extraescolares, charlas e talleres para ao alumnado e ás familias, etc.