As actividades do mes de marzo previstas por agora do instituto.
O Grupo de Igualdade do instituto está a preparar máis actividades de fronte ao 8 de marzo.

Portas Abertas o xoves 22 de Febrero ás 19:30 paras as familias da ESO. As familias de bacharelato teñen que pedir cita IES.ROSAIS2@EDU.XUNTA.ES

IES ROSAIS 2

 

Se estás interesad@ en asistir só tes que mandar un WhatsApp 623362641. O vindeiro dia 25 de 18:30 a 20:00

E se sabes a quen lle poida interesar agradecémosche que compartas esta información.

Se queredes participar na campaña de recadación de fondos para a excursión de fin de curso só tedes que mandar un WhatsApp ao teléfono do ANPA 623 36 26 41

A campaña he dos productos de Luicar, podedes velos na siguinte ligazon https://www.luicarcomercial.com/

Faite socio para que podamos facer mais cousas charlas, campañas de vendas, … Axudanos https://anparosais2.es/inscribirse/

Enlace para visualizar a charla sobre Educación sexual e consumo de pornografía impartida por
o doutor en Psicoloxía e especialista en Sexología José Luis García

A Xunta de Galicia convoca o programa Bono deporte para axudar as familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade e fomentar, consecuentemente, a práctica do deporte en idade escolar na Comunidade Autónoma.

O nome comercial e a localización dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestadores de servizos adheridos ao programa Bono deporte faranse públicos na web www.bonodeporte.gal
Cada bono terá un valor de 120 € e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.
Actividade subvencionable: a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro de 2024
A validez dos bonos estenderase desde a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo.
Máis información no DOG do 11 de decembro de 2023 e en www.bonodeporte.gal

O vindeiro xoves 21 de 12 a 13 horas celebrarase unha chocolatada no instituto

Un momento para compartir con compañeiros e amigos, gozando dun chocolate con churros, música,….

Os días para obter o ticket do chocolate son o martes 12 e o xoves14 no primerio recreos.

Soci@s ANPA gratis
Non soci@s 2€
🚨Non se darán tickets o propio día do evento
Durante a chocolatada tamén se entregarán os premios ao concurso de Felicitación de Nadal
(as bases e premios pódense ver nas webs do instituto e do ANPA).
Animarvos a participar!,
o prazo de presentación termina este venres 15.
Nota: As persoas con intolerancias alimentarias, por favor poñerse en contacto co ANPA a través do numero 623 362641 para buscar alternativas.

Cadro horario de actividades extraescolares