Prazo

Prazo de presentación: ABERTO
20/05/2023 00:00 – 21/06/2023 23:59

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Documentación para a presentación

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino no que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

 

Para máis información, entra neste enlace

 

DATAHORAACTIVIDADEALUMNADO
3/5/239:50 – 14:40VISITA AO PAROUE AROUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO1° ESO
3/5/2310:00 – 12:40VISITA Á FACULTADE DE QUÍMICA DA UVIGOAlumnado de Física e
Química de 1° BAC
5/5/239:00 – 12:15XORNADAS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS NO VERBUMAlumnado de TIC de 4°
ESO
8/5/239:00 – 9:50
13:00 – 13:50
13:00 – 13:50
CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL “SI CONTROLAS VUELVES” (Impartida online por monitores de AESLEME en colaboración coa DXT)2° ESO B
2° ESO A
2° ESO C
8/5/239:00 – 10:40
16:50-18:30
OBRADOIRO DE CONTROL DE ANSIEDADE3º ESO C
3º ESO A
10/5/239:50 – 10:40
11:00 – 12:40
CHARLA ORGULLO GALEGO
(Salón de actos)
1º BAC A e C
1º BAC B e D
11/5/238:40 – 12:00PROGRAMA EDUCAR EN XUSTIZA
Asistencia a un xuízo na Cidade da Xustiza
3° ESO
12/5/239:00 – 10:40
11:00 – 12:40
13:00 – 14:40
OBRADOIRO EDUCACION AFECTIVO-SEXUAL
QUÉROTE+
3° ESO C
3° ESO B
3° ESO A
15/5/2316:50 – 18:30OBRADOIRO DE CONTROL DE ANSIEDADE3° ESO B
19/5/2311:00 – 12:00ENCONTRO VIRTUAL COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS1° BAC
29/5/23Todo o díaSAÍDA DIDÁCTICA A CÍESAlumnado de Bioloxía
e Yeoloxía de 4° ESO

 

A finalidade do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa “Vigo en Inglés” é mellorar a competencia e capacitación en lingua inglesa do alumnado de 3º ESO mediante a integración escolar nun High School en período lectivo fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

A convocatoria de solicitudes de prazas para o programa Vigo en Inglés 2023 desenvólvese nas páxinas web escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou www.vigoeningles.org

A quen está dirixido
Alumnos/as, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor ,que estean a cursar 3º ESO no presente curso escolar 2023, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Ler máis na web do concello: Click aquí

O IES Rosais 2, en coordinación co Departamento de Educación Plástica e Visual e a ANPA Agarimo, convoca o XXXIV Certame de Postais de Nadal Rosais 2

“A Mellor Postal de Nadal”

que se rexerá polas seguintes

BASES:

1. Poderá participar todo o alumnado oficialmente matriculado no IES Rosais 2.

2. O formato da postal presentada terá medidas entre 15x21cm (DINA5) e 10x15cm, decorada cun debuxo polo exterior.

3. Admítense todas as técnicas: acuarela, ceras, témperas, collage, etc.

4. As postais deben entregarse na Secretaría do Centro, e o PRAZO MÁXIMO para a súa presentación será o día 15 DE DECEMBRO (xoves) ás 13.00 HORAS.

5. As postais deberán ir acompañadas dun escrito onde figure o nome, apelidos, curso e grupo, nun sobre pechado.

6. De todas as entregas realizarase unha exposición, das que sairán as gañadoras.
7. Establécense dous premios:

  • (1º. premio): Tarxeta regalo valorada en 30 €
  • (2º. premio): Tarxeta regalo valorada en 15 €

Ademais, poderá concederse accésit se o xurado o considerase oportuno.
Os premios entregaranse o xoves 22 de decembro

8. A postal máis votada poderá ser elixida para felicitar oficialmente dende o Instituto a toda a Comunidade Educativa a través do correo electrónico.

9. Os premios, se o xurado así o estimase, poderán declararse desertos.

10. O feito de participar neste concurso implica a aceptación da totalidade destas bases.

“O prazo ábrese mañá e ata o 2 de febreiro. Hai tempo. Recomendamos encarecidamente que se faga de forma telemática”, incidiu o alcalde. Este ano buscouse simplificar ao máximo o proceso de solicitude para que ninguén quede fose do mesmo. Desta forma, soamente serán necesarios estes requisitos para pedila e recibila:

  • Que o estudante estea matriculado nun centro educativo de Vigo. Para iso terán que reclamar na secretaría do mesmo o certificado de matrícula.
  • Presentar unha solicitude por cada unidade familiar. Estes documentos estarán dispoñibles na páxina web do Concello e os propios centros.
  • Achegar o IBAN da conta na que se deberá realizar o pago dos 205 euros.

PARA REALIZAR A SOLICITUDE PULSA NESTE ENLACE

Fuente: Faro de Vigo
Seguir lendo neste enlace.

O Xoves 22 de decembro de 12 a 13 horas. Música, chocolate con churros, entrega de premios do concurso Postal do Nadal. Obtén o teu ticket o Luuns 12 de decembro (nos recreos). De balde para os socios da ANPA e 2€ para non socios.

Descargar o cartel en PDF

Autora do deseño do cartel (grazas): Victoria

MATERIAL

Os cursos inclúen todo o material necesario para a sesión: táboa, neopreno, licra e accesorios. Os materiais que utilizan están adaptados ás necesidades do alumnado, xa sexan táboas brandas para iniciación, de epoxi ou de fibra para niveis máis avanzados, así como neoprenos Ou’Neill de todas as tallas.

MONITORES

Todos os seus monitores e adestradores son surfeiros experimentados e están titulados pola Federación Galega de Surf.

CLASES:

As clases teñen unha duración de 2 horas en grupos máximos de 6 persoas por monitor para garantir a túa total seguridade e un seguimento personalizado.

HORARIO:

16:00-18:30h de luns a xoves

SE NECESITAS TRANSPORTE:

recollida e volta en furgonetas parada no CEIP García Barbón, fronte á porta de entrada do colexio.

PREZO:

– Soci@s ANPA 65€
– Non Soci@. 70€

La CIUG, la comisión interuniversitaria que organiza y corrige los exámenes de selectividad en Galicia, ya ha puesto fecha a la prueba del 2023: los días 6, 7 y 8 de junio (de martes a jueves) para la convocatoria ordinaria; aquellos que tuviesen algo suspenso en bachillerato o no pasasen la prueba podrán presentarse a los exámenes extraordinarios, que serán los días 11, 12 y 13 de julio.

Fonte: La Voz de Galicia
Seguir lendo neste enlace

Departamento de Francés presenta nestas liñas as dúas últimas actividades do curso. Un petit-déjeuner français au café de la Seine! e un recital de poesía en francés para o alumnado de 1ª da ESO no espazo da Biblioteca. Abaixo podedes acceder as imaxes destes eventos.

Finaliza desta maneira un gran traballo feito polo Departamento de Francés o longo de todo o curso e en especial do seu responsable Pilar Álvarez. Botarémosche de menos Pilar!. Moita sorte na túa nova andaina.

Do 6 ao 20 de outubro tivemos no instituto a exposición “SEN CANCELAS. MEMORIAS DO ARCO DA VELLA EN GALICIA”, una exposición itinerante que percorrerá centros educativos galegos. O Consello da Cultura Galega prestounos esta exposición na que se fai un percorrido sobre a diversidade para fomentar o respecto ante a diversidade sexual e de xénero.