Participa no Proxecto MENTE
O Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur (IISGS), a Dra Laura Couceiro Rivas en colaboración co Plan comunitario de Teis, invitanos a participar nun estudo titulado “Efecto da crise económica e a pandemia da Covid 19 na saude mental e o benestra emocional da poboación infanto-xuvenil do barrio de Teis (Proxecto MENTE)”.
No Proxecto MENTE a infromación recóllese a través da realización de enquisas á poboación infanto-xuvenil de Teis. Tanto se viven en Teis como se estudan en Teis. Esta investigación está dirixida á mocidade de entre 12-20 anos.
A informción recollida é totalmente ANÓNIMA e respectarase a confidencialidade de cada unha das persoas participantes.
Se estás interesada/o en participar no Proxecto MENTE só tes que mandarnos un correo a anparosais@iesrosais2.gal
E mandaremoste a enquisa e o consentimento no que se expoñen o tratamento dos datos recollidos.
Tamén podes descargar directamente desde aquí a enquisa e o consentimento e unha vez feita e cuberto enviar os dous documentos por email a anparosais@iesrosais2.gal (e destacar no asunto “Particupación no proxecto Mente”.
Grazas pola túa colaboración.