ANPA Rosais 2
  • Elixe menú
  • Nós
  • Actividades
  • Noticias
  • Comedor
    • Inscrición comedor luns
    • Elección menú luns
  • Faite socio/a
  • Menu Menu
  • Inicio
  • Nós
  • Actividades
  • Noticias
  • Contactar
  • Elexir menú luns
  • Faite socio/a

A comunidade educativa mobilízase o 25 de febreiro en defensa do ensino público

A portada, Noticias

O vindeiro mércores 25 de febreiro, ás 19:30 horas, a comunidade educativa volve saír á rúa. As Asembleas Abertas do Ensino Público, federacións de ANPAS e colectivos como ADICOPUVI, en Vigo, convocan mobilizacións simultáneas en seis puntos do sur da provincia de Pontevedra para defender un ensino público digno, inclusivo e de calidade.

Esta convocatoria é unha mostra clara da unidade construída ao longo deste curso entre familias, profesorado e outros sectores implicados na educación, que xorde da preocupación compartida pola situación que viven os centros educativos galegos. As reivindicacións son claras e responden á realidade diaria das aulas, como deficiencias graves nas instalacións de moitos centros, falta de persoal e recursos, recortes que afectan directamente á atención á diversidade e á inclusión real do alumnado, ou unha sobrecarga crecente que recae tanto no profesorado como nas familias. Afirman que o actual curso está sendo especialmente duro. A acumulación de problemas estruturais, xunto coa falta de respostas eficaces por parte da Administración, está a xerar unha situación insostible nos centros. Non se trata de demandas puntuais nin illadas: estamos ante unha problemática de fondo que require compromiso político e medidas concretas e inmediatas por parte da Consellería.

A situación é insostible para a comunidade educativa. “É necesario traballar da man e xuntas cara accións unitarias e masivas”, afirman. “Non aceptamos que se normalicen as carencias nin que se invisibilicen as dificultades que afectan ao día a día do ensino público. A educación é un dereito fundamental e un piar básico da nosa sociedade.”

Por iso, fan un chamamento á participación activa de toda a sociedade civil. “Non está en xogo a situación dun centro concreto, senón o modelo educativo que queremos para Galicia. O 25 de febreiro, ás 19:30, saímos á rúa por un ensino público forte, inclusivo e con recursos suficientes. Toda a comunidade educativa unida nun obxectivo común, participando man a man, porque só coa mobilización colectiva lograremos os cambios que o noso alumnado merece.”

Puntos de saída das mobilizacións:

  • Mos: saída de Sanguiñeda (diante da discoteca Queen).
  • O Condado: saída do aparcadoiro dos IES Pedra da Auga e Val do Tea.
  • O Morrazo: saída do Concello de Cangas.
  • O Porriño: saída da Praza do Concello.
  • Redondela: concentración na Praza Concello de Redondela (conxunta con Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilaboa).
  • Vigo: saída do Cruce de Vía Norte con Urzáiz.

 

Fonde da noticia: https://asembleasensino.gal/mobilizacions/

Doc-text Doc-text Nota de prensa en PDF Docs Docs Cartel mobilizacións Mobile Mobile Cartel para RRSS

 

Outros links de interese:

Profesorado e Anpas únense nunha mobilización en defensa do ensino o vindeiro 25 de febreiro (Nòs Diario)

Explicación das reinvidicacións (en PDF)

Nova no Faro de Vigo

 

20 Febreiro, 2026/by Redacción
Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Share by Mail
  • Link to Instagram
https://anparosais2.es/wp-content/uploads/2026/02/Cartel_compartir-anpa.jpg 637 1050 Redacción https://anparosais2.es/wp-content/uploads/2022/11/Logo-anpan7.png Redacción2026-02-20 10:51:362026-02-20 11:19:00A comunidade educativa mobilízase o 25 de febreiro en defensa do ensino público

Outras novas

  • COMUNICADO URXENTE: Uso de móbiles e continuidade do servizo de comedor
  • A comunidade educativa mobilízase o 25 de febreiro en defensa do ensino público
  • MATRÍCULA ABIERTA Surf en Patos
  • Obradoiro TEATRO DE CREACIÓN
  • Resumen actividades para 25/26
  • Convenio con escuela de Baile Pasos
  • Convenio con a academia de pádel del Mercantil
  • Vigo corre
  • Campamentos de Verano
  • Campus Semana Santas Nautico

LINKS DE INTERESE

  • Web oficial do IES Rosais2
  • Calendarios do IES (Examens)
  • Libros de Texto
  • Comunicacións do centro
  • Calendario escolar
  • Contactar coa ANPA

ONDE ESTAMOS

ANPA AGARIMO
IES Rosais 2
Rua Coutadas, 56
36207 Vigo (Pontevedra)
Acompáñanos nas nosas redes sociais e mantente ao día das novidades.
Contactar coa ANPA

       

© Copyright - ANPA Rosais 2 | Contactar | Acceso edición
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Política de Privacidade
Link to: MATRÍCULA ABIERTA Surf en Patos Link to: MATRÍCULA ABIERTA Surf en Patos MATRÍCULA ABIERTA Surf en Patos Link to: COMUNICADO URXENTE: Uso de móbiles e continuidade do servizo de comedor Link to: COMUNICADO URXENTE: Uso de móbiles e continuidade do servizo de comedor COMUNICADO URXENTE: Uso de móbiles e continuidade do servizo de comedor
Scroll to top Scroll to top Scroll to top

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecerche un servizo máis personalizado. Continuar navegando implica a aceptación de nosa Política de Privacidade.

AceptoConfiguración

Configuración da privacidade e as cookies



Para que usamos Cookies?

Solicitámosche permiso para poder usar cookies no teu dispositivo. Utilizamos cookies para informarnos cando visitas a nosa web, como interactúas connosco, todo iso para enriquecer a túa experiencia de usuario e para personalizar a túa relación co noso sitio web.

Feixe clic nos seguintes encabezados para obter máis información. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Ten en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a túa experiencia na nosa web e os servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais que utilizamos

Estas cookies son estritamente necesarias para proporcionarche os servizos dispoñibles a través da nosa web e para usar algunhas das súas funcións: AUTH_KEY, SECURE_AUTH_KEY, LOGGED_IN_KEY, NONCE_KEY, comment_author, comment_author_email, comment_author_url, rated, gdpr, gawdp. Úsanse para almacenar o teu nome, correo, IP e demais datos que deixas nos formularios de contacto, acceso e as túas preferencias de privacidade.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para mostrar a web, non pode rexeitalas sen afectar o funcionamento do noso sitio. Podes bloquealas ou eliminalas cambiando a configuración do teu navegador e forzar o bloqueo de todas as cookies neste sitio web.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recompilan información que se utiliza de forma agregada para axudarnos a comprender como se utiliza o noso sitio web ou que tan efectivas son as nosas campañas de márketing, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non desexas que rastrexemos a túa visita ao noso sitio, podes deshabilitar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos como Google Webfonts, Google Maps e provedores externos de vídeo. Dado que estes provedores poden recompilar datos persoais, como a túa dirección IP, permitímosche bloquealos aquí. Ten en conta que isto pode reducir en gran medida a funcionalidade e a aparencia da nosa web. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de Google Fonts:

Google Map Settings:

Vimeo and Youtube vídeo embeds:
[av_privacy_vídeo_embeds]

A nosa Política de Privacidade

Podes coñecer a nosa Política de Privacidade, moi respectuosa cos teus datos, facendo click no seguinte link:

AceptarOcultar
Contacta coa ANPA
1
WhatsApp
Ola,
Podes escribirnos desde o teu Whatsapp. Contestaremos en canto teñamos un oco.
Abrir chat