,

Conferencia EDUCACIÓN S. XXI «Educación sexual y consumo de pornografía»,

O 12 de decembro o alumnado de 1º e 2º asistirá a unha charla sobre Educación sexual e consumo de pornografía.

Se queredes asistir podedes facelo o 13 de decembro inscribíndovos na Sede Afundación Vigo.
Para todos os públicos.
O ciclo Educación s. XXI trae en decembro unhas charlas necesarias sobre o consumo de pornografía por parte dos nosos adolescentes e mesmo nenos. Estamos ante unha situación que debemos afrontar desde as familias e a comunidade educativa porque entraña importantes consecuencias nas súas relacións afectivas e sexuais, e non só, pode conducir a numerosos trastornos psicolóxicos. O doutor en Psicoloxía e especialista en Sexología José Luis García vén falarnos deste tema con dúas conferencias para escolares e para público en xeral, en Santiago de Compostela e Vigo.