A Mellor Felicitación de Nadal
1. Poderá participar todo o alumnado oficialmente matriculado no IES Rosais 2.
2. Os formatos das felicitacions presentadas poderán ser:
a. Física: terá medidas entre 15x21cm (DINA5) e 10x15cm, decorada cun debuxo polo exterior.
Admítense todas as técnicas: acuarela, ceras, témperas, collage, etc.
b. Dixital: poden ser enviadas en diferentes formatos tales como imaxes, animacións e/o vídeo curto.
Os vídeos terán unha duración mínima de 15 segundos e máxima de 60 segundos.
Poden ser individuais ou grupais
Os organizadores non se farán responsables do uso por parte dos creadores das licenzas dos programas informáticos empregados.
3. As felicitacions físicas deben entregarse na Secretaría do Centro, e as felicitacions dixitais envialas por e-mail ao ANPA: anparosais@anparosais2.gal O PRAZO MÁXIMO para a súa presentación será o día 15 DE DECEMBRO (venres) ás 13.00 HORAS.
4. As felicitacions físicas deberán ir acompañadas dun escrito onde figure o nome, apelidos, curso e grupo, nun sobre pechado. Se son grupales figuraran os nomes, apelidos , curso e grupos de todos os integrantes. No caso das dixitais, deben comunicarse os mesmos datos ao facer o envio.
5. De todas as entregas realizaranse exposicións coas mellores (tablón do instituto e redes), das que sairán as gañadoras.
6. Establécese un único premio de 50 € nunha tarxeta prepago do Centro Comercial Vialia, para cada categoría, sexa individual ou grupal:
● Premio 50 € a felicitación física
● Premio 50 € a felicitación en formato dixital
● Premio 50 € a video ou animación
Ademais, poderá concederse accésit se o xurado o considerase oportuno.
7. As felicitacions poderán ser elixidas para felicitar oficialmente dende o Instituto a toda a Comunidade Educativa a través do correo electrónico e compartiranse nas redes sociais do ANPA e nas paxinas web.
8. Os premios, se o xurado así o estimase, poderán declararse desertos.
9. O feito de participar neste concurso implica a aceptación da totalidade destas bases.
O IES Rosais 2, en coordinación co Departamento de Educación Plástica e Visual e a ANPA Agarimo, convoca o XXXV Certame de Postais de Nadal Rosais 2