Solicitude programa municipal Vigo en Inglés 2023

A finalidade do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa “Vigo en Inglés” é mellorar a competencia e capacitación en lingua inglesa do alumnado de 3º ESO mediante a integración escolar nun High School en período lectivo fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

A convocatoria de solicitudes de prazas para o programa Vigo en Inglés 2023 desenvólvese nas páxinas web escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou www.vigoeningles.org

A quen está dirixido
Alumnos/as, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor ,que estean a cursar 3º ESO no presente curso escolar 2023, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Ler máis na web do concello: Click aquí