XXXIV Certame de Postais de Nadal Rosais 2: “A Mellor Postal de Nadal”
O IES Rosais 2, en coordinación co Departamento de Educación Plástica e Visual e a ANPA Agarimo, convoca o XXXIV Certame de Postais de Nadal Rosais 2
“A Mellor Postal de Nadal”
que se rexerá polas seguintes
BASES:
1. Poderá participar todo o alumnado oficialmente matriculado no IES Rosais 2.
2. O formato da postal presentada terá medidas entre 15x21cm (DINA5) e 10x15cm, decorada cun debuxo polo exterior.
3. Admítense todas as técnicas: acuarela, ceras, témperas, collage, etc.
4. As postais deben entregarse na Secretaría do Centro, e o PRAZO MÁXIMO para a súa presentación será o día 15 DE DECEMBRO (xoves) ás 13.00 HORAS.
5. As postais deberán ir acompañadas dun escrito onde figure o nome, apelidos, curso e grupo, nun sobre pechado.
6. De todas as entregas realizarase unha exposición, das que sairán as gañadoras.
7. Establécense dous premios:
- (1º. premio): Tarxeta regalo valorada en 30 €
- (2º. premio): Tarxeta regalo valorada en 15 €
Ademais, poderá concederse accésit se o xurado o considerase oportuno.
Os premios entregaranse o xoves 22 de decembro
8. A postal máis votada poderá ser elixida para felicitar oficialmente dende o Instituto a toda a Comunidade Educativa a través do correo electrónico.
9. Os premios, se o xurado así o estimase, poderán declararse desertos.
10. O feito de participar neste concurso implica a aceptación da totalidade destas bases.