Pola presente, convócase a todos os membros da ANPA AGARIMO á Asamblea Xeral ordinaria de fin de curso que terá lugar o mércores, 10 de xuño de 2026, no salón de actos do instituto Rosais II na rúa Coutadas s/n, Vigo, conforme ao seguinte horario:  Primeira convocatoria: 18:30 horas.  Segunda convocatoria: 19:00 horas. A xuntanza discorrerá baixo a seguinte: ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 2. Memoria de actividades do curso [ano académico 25/26]. 3. Estado de contas e balance económico do curso. 4. Proxectos e propostas para o vindeiro curso escolar [ano académico 26/27]. 5. Fixación de cuota de socio/a para o vindeiro curso. 6. Renovación ou elección de ca

DESCARGAR CONVOCATORIA

O vindeiro mércores 25 de febreiro, ás 19:30 horas, a comunidade educativa volve saír á rúa. As Asembleas Abertas do Ensino Público, federacións de ANPAS e colectivos como ADICOPUVI, en Vigo, convocan mobilizacións simultáneas en seis puntos do sur da provincia de Pontevedra para defender un ensino público digno, inclusivo e de calidade.

Esta convocatoria é unha mostra clara da unidade construída ao longo deste curso entre familias, profesorado e outros sectores implicados na educación, que xorde da preocupación compartida pola situación que viven os centros educativos galegos. As reivindicacións son claras e responden á realidade diaria das aulas, como deficiencias graves nas instalacións de moitos centros, falta de persoal e recursos, recortes que afectan directamente á atención á diversidade e á inclusión real do alumnado, ou unha sobrecarga crecente que recae tanto no profesorado como nas familias. Afirman que o actual curso está sendo especialmente duro. A acumulación de problemas estruturais, xunto coa falta de respostas eficaces por parte da Administración, está a xerar unha situación insostible nos centros. Non se trata de demandas puntuais nin illadas: estamos ante unha problemática de fondo que require compromiso político e medidas concretas e inmediatas por parte da Consellería.

A situación é insostible para a comunidade educativa. “É necesario traballar da man e xuntas cara accións unitarias e masivas”, afirman. “Non aceptamos que se normalicen as carencias nin que se invisibilicen as dificultades que afectan ao día a día do ensino público. A educación é un dereito fundamental e un piar básico da nosa sociedade.”

Por iso, fan un chamamento á participación activa de toda a sociedade civil. “Non está en xogo a situación dun centro concreto, senón o modelo educativo que queremos para Galicia. O 25 de febreiro, ás 19:30, saímos á rúa por un ensino público forte, inclusivo e con recursos suficientes. Toda a comunidade educativa unida nun obxectivo común, participando man a man, porque só coa mobilización colectiva lograremos os cambios que o noso alumnado merece.”

Puntos de saída das mobilizacións:

  • Mos: saída de Sanguiñeda (diante da discoteca Queen).
  • O Condado: saída do aparcadoiro dos IES Pedra da Auga e Val do Tea.
  • O Morrazo: saída do Concello de Cangas.
  • O Porriño: saída da Praza do Concello.
  • Redondela: concentración na Praza Concello de Redondela (conxunta con Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilaboa).
  • Vigo: saída do Cruce de Vía Norte con Urzáiz.

 

Fonde da noticia: https://asembleasensino.gal/mobilizacions/

Doc-text Doc-text Nota de prensa en PDF Docs Docs Cartel mobilizacións Mobile Mobile Cartel para RRSS

 

Outros links de interese:

Profesorado e Anpas únense nunha mobilización en defensa do ensino o vindeiro 25 de febreiro (Nòs Diario)

Explicación das reinvidicacións (en PDF)

Nova no Faro de Vigo