O vindeiro mércores 25 de febreiro, ás 19:30 horas, a comunidade educativa volve saír á rúa. As Asembleas Abertas do Ensino Público, federacións de ANPAS e colectivos como ADICOPUVI, en Vigo, convocan mobilizacións simultáneas en seis puntos do sur da provincia de Pontevedra para defender un ensino público digno, inclusivo e de calidade.

Esta convocatoria é unha mostra clara da unidade construída ao longo deste curso entre familias, profesorado e outros sectores implicados na educación, que xorde da preocupación compartida pola situación que viven os centros educativos galegos. As reivindicacións son claras e responden á realidade diaria das aulas, como deficiencias graves nas instalacións de moitos centros, falta de persoal e recursos, recortes que afectan directamente á atención á diversidade e á inclusión real do alumnado, ou unha sobrecarga crecente que recae tanto no profesorado como nas familias. Afirman que o actual curso está sendo especialmente duro. A acumulación de problemas estruturais, xunto coa falta de respostas eficaces por parte da Administración, está a xerar unha situación insostible nos centros. Non se trata de demandas puntuais nin illadas: estamos ante unha problemática de fondo que require compromiso político e medidas concretas e inmediatas por parte da Consellería.

A situación é insostible para a comunidade educativa. “É necesario traballar da man e xuntas cara accións unitarias e masivas”, afirman. “Non aceptamos que se normalicen as carencias nin que se invisibilicen as dificultades que afectan ao día a día do ensino público. A educación é un dereito fundamental e un piar básico da nosa sociedade.”

Por iso, fan un chamamento á participación activa de toda a sociedade civil. “Non está en xogo a situación dun centro concreto, senón o modelo educativo que queremos para Galicia. O 25 de febreiro, ás 19:30, saímos á rúa por un ensino público forte, inclusivo e con recursos suficientes. Toda a comunidade educativa unida nun obxectivo común, participando man a man, porque só coa mobilización colectiva lograremos os cambios que o noso alumnado merece.”

Puntos de saída das mobilizacións:

  • Mos: saída de Sanguiñeda (diante da discoteca Queen).
  • O Condado: saída do aparcadoiro dos IES Pedra da Auga e Val do Tea.
  • O Morrazo: saída do Concello de Cangas.
  • O Porriño: saída da Praza do Concello.
  • Redondela: concentración na Praza Concello de Redondela (conxunta con Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilaboa).
  • Vigo: saída do Cruce de Vía Norte con Urzáiz.

 

Fonde da noticia: https://asembleasensino.gal/mobilizacions/

 

Outros links de interese:

Profesorado e Anpas únense nunha mobilización en defensa do ensino o vindeiro 25 de febreiro (Nòs Diario)

Explicación das reinvidicacións (en PDF)

Nova no Faro de Vigo

 

¡5€ de dto. socios ampa Rosais 2!! TELÉFONO: 638 724 917

Obradoiro de teatro dirixido a rapaces e rapazas da ESO. A idea principal do obradoiro é que entre todos sexan capaces de crear unha peza teatral. Ver más detalles accedendo á actividade.

Descontos para os socios do ANPA

*Copyvan Rúa Oporto, 15% de desconto no material da volta ao cole.
*Librería A Guia 10% material 10% en libros de texto.

Actividades 25/26

*Servizo de comida na cafetería os Luns 6 € por luns de 14:40 a 16:40 monitor 5 € ao mes
*Teatro no centro todos os luns de 15:15 a 16:40 23 € (mínimo 10 alumnos)
*Surf en Patos surf 5 € de desconto sobre a tarifa mensual 70 € con transporte desde o García barbón.
*Pádel no Mercantil 7% sobre a tarifa para escoller.
*Baile Passos Galicia (praza Elíptica) 25% de desconto o primeiro mes. Clase de proba grazas.

Pendente de confirmar

*Natación.
*Baloncesto.
*Inglés

Informarase nesta web e na sección de actividades os convenios que se vaian pechando.

 

Clase de prueba gratis. 25% de descuento el primer mes. Dirección plaza Elíptica planta 1

A Agrupacón de Deporte Escolar Xóvenes Atletas organiza o I CROSS ESCOLAR “VIGO CORRE”, en colaboración co Concello de Vigo e as Anpas organizadoras dos Croses Escolares de Vigo, o día 1 de xuño de 2025 as 10:15 da mañá no Parque de Castrelos de Vigo.

El Club Náutico de Vigo nos ofrece unos campamentos muy interesantes para que los niños disfruten del verano